
O medio século de labores arqueolóxicos e de investigación no campamento romano de Aquae Querquennae (Bande) analizarase nunha conferencia do arqueólogo valdeorrés Santiago Ferrer Sierra o vindeiro 17 de marzo. Será a partir das 19:30h. no Centro Cultural Marcos Valcárcel, na cidade de Ourense. A ponencia levará por título “Aquae Querquennae. 50 anos de investigación”.
Ferrer Sierra está especializado en arqueoloxía romana e é autor de numerosos artigos, colaboracións en diversas otras e tamén autor de libros. Primeiro foi codirector, xunto ao profesor Antonio Rodríguez Colmenero, das intervencións arqueolóxicas neste campamento, e despois asumiu a súa dirección. Ademais este vilamartinés é académico correspondente da Real Academia Galega de Belas Artes.
A conferencia será promovida polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
