
O Concello de Manzaneda vén de emitir unha nota informativa con relación ao estrada provincial OU-0701, indicando que o “vindeiro xoves 20 de marzo, comezarán as probas para a circulación de sentido único na devandita estrada no tramo (ronda Cabarca) sobre o núcleo de Manzaneda, dende a intersección coa praza Gabino García ata o cruceiro do barrio do Pendón”.
Ademais, dende o Concello tamén se indica que se deixará o carril dereito de subida “para o tráfico rodado e o lateral esquerdo para aparcar. E o tramo dende o cruceiro do barrio do Pendón permanecerá de sentido único de baixada como xa está, coa parte dereita para aparcar e a esquerda para circular”.
Así mesmo, matiza o Concello que isto será “unha proba para aparcar que durará uns días, aínda por determinar estritamente cantos, para analizar a adecuación deste cambio. Eses días servirán para ver e enalizar posibles cambios antes de fixar a solución definitiva”.
Estes días de proba serán coordinados entre “a Deputación de Ourense e o Concello de Manzaneda, como titulares das dúas redes afectadas e coa colaboración de Protección Civil de Manzaneda na sinalización provisional durante a proba”.