OurenseÚltima hora

Colisión frontal entre dous turismos con feridos na OU-504, en San Amaro

 

Arredor das 15:00 horas deste 17 de marzo producíase un accidente de tráfico na estrada OU-504 (Ribadavia- Carballiño). En concreto no punto quilométrico 14, no termo municipal de San Amaro, tiña lugar unha colisión frontal entre dous turismos.

Ata o lugar desprazábanse de inmediato o 061-Urxencias Saniarias, os bombeiros, o Equipo Investigación sinistros de Ourense de Garda Civil e a patrulla motoristas DTT.

De inmediato, mobilizáronse os Bombeiros do Carballiño, o GES de Ribadavia, a Policía Local, a Garda Civil e Protección Civil, o Equipo de Investigación sinistros de Ourense de Garda Civil e a patrulla motoristas DTT. Dada a situación, o equipo sanitario decidiu mobilizar nun primeiro momento o helicóptero medicalizado con base en Ourense, aínda que finalmente non trasladou a ningún ferido.

Foi necesario empregar o material de excarceración para liberar a un dos condutores, mentres que o outro tamén requiriu asistencia sanitaria.

Os condutores de ambos vehículos teñen sido evacuados ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, en estado grave e moi grave respectivamente, mentres que o acompañante nun dos coches resultaba ileso.

En canto se teñan máis datos, ampliarase información.

 

Back to top button