Alta participación na campaña “Xuntos é Mellor” que vén de organizar O Barco Centro Comercial Aberto (CCA) con motivo da celebración do Día do Pai. Con esta iniciativa búscase celebrar a figura paterna e a importancia dos lazos familiares.
Así, a partir das 10:30h. deste 19 de marzo, día de San Xosé e Día do Pai, o CCA O Barco entregaba un agasallo (un abridor ou unha taza) nun expositor da asociación ubicado na Praza do Concello.

Para recoller o agasallo era preciso presentar un tícket de compra mínima de 5€ dalgún establecemento asociado ao CCA O Barco, con data do mesmo día. Os tíckets de compra depositábanse nunha urna para participar nun sorteo de dous vales de compra por valor de 50€ cada un, para investir nos establecementos asociados.
“A través desta campaña, queremos destacar que a unión e o tempo compartido son os mellores agasallos que podemos ofrecer aos nosos pais, e que mellor forma de pasar tempo xuntos que de compras polo comercio local”, sinalan dende o Barco CCA.
Fotos: A.R.
