CarballedaConcellosÚltima hora

Chega a primavera ao xardín temático de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras)

 

De forma lixeiramente anticipada, a primavera vén de despregarse nos xardíns de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras). Neles, xunto ás árbores e o céspede aparecen figuras feitas en madeira de xeito artesanal que recrean diversas flores e insectos propios destas datas, incluíndo mensaxes alusivas a eles, como é a importancia da polinización que facilitan insectos como as abellas.

 

 

Non faltan tampouco alusións a actividades de lecer e ao deporte, aos cultivos ou mesmo á arte, coa figura dun pintor recreando no lenzo unha paisaxe. Deste xeito, Sobradelo continúa recreando o paso das estacións de forma creativa nos seus xardíns, nunha iniciativa orixinal e que xa ten público fidelizado.

Fotos cedidas.

 

 

Back to top button