ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

A pata que aniñou nun maceteiro da zona vella do Barco, xa está no río con 10 crías

 

As crías que con tanto coidado e mimo levaba incubando case un mes unha pata que facía o seu niño nun maceteiro dunha terraza da zona vella do Barco, á beira do Sil, xa están no río xunto á súa mai. Desta volta, dos 14 ovos que poñía a pata, saían do cascarón dez.

Era esta mañá cando a pata iniciaba o percorrido, coas crías, dende o niño ata o río Sil, saltando directamente dende a terraza. Todas as crías chegaba sen ningún percance á auga, axudadas tamén polo propietario da casa onde criaba, que confía en que os novos patiños poidan saír adiante.

Esta é xa a terceira vez que esta pata escolle este lugar para criar, o que amosa o gran de seguridade e confianza que ten neste lugar onde sempre é ben recibida.

Ver vídeo

Imaxes cedidas.

Back to top button