CulturaCulturaÚltima hora

A obra da valdeorresa Lola Doporto, na mostra e arte feminina “Marzo todo o ano” en Ourense

Preto de vinte artistas reúnen as súas creacións nesta exposición que poderá verse dende mañá no Centro Cultural José Ángel Valente

A pintora Lola Doporto, natural de Millarouso (O Barco).

 

Por dar visibilidade ás creadoras aposta a exposición “Marzo todo o ano”, promovida dende a Sala Ángel Valente de Ourense. Unha singular a novidosa iniciativa, enmarcada no programa do 8M, e que involucra a case vinte artistas, entre as que figura a pintora valdeorresa Lola Doporto.

Así, dende mañá mércores 26 de marzo (a inauguración da mostra está prevista ás 20:00h) ata o domingo 27 de abril, no Centro Cultural José Ángel Valente da capital da provincia, poderase visitar esta exposición, que reúne pezas de Ana Navas López, Cristina Roo, De Padua, Ana Fernández, Carmucha Vázquez Prats, Olga Reinoso Fernández, Elena Guevara, Mayte Diz Neira, Ana Ferreiro, Isabell Seidel, Tareixa Taboada, Ehlaba Carballo de Dios, María Puertas, Sula Repani, Alba Fernández,  Gill Bird e a xa citada Lola Doporto. A exposición conta así mesmo coa colaboración de Olga Pastor.

 

 

No caso da pintora valdeorresa as obras que exporá serán “Sirena con medusa” (100 cmx50cm, óleo con espátula), un cadro que amosa en público por primeira vez e “Grupo con galo” (100 cmx73 cm), coa mesma técnica.

Fotos cedidas.

 

 

Back to top button