ConcellosO BarcoÚltima hora

Detido un veciño do Barco como presunto autor de delitos de roubos con forza e danos por incendio, entre outros

Foto: Garda Civil.

 

O Equipo Roca da Garda Civil da Rúa vén de deter a un veciño de 36 anos do Barco, como presunto autor de varios delitos de roubos con forza, obstrución á xustiza, daños por incendio, tenencia ilícita de armas e ameazas.

“O último feito delituoso ocorreu o pasado 25 de marzo, cando o detido entrou a unha adega en Cesures e apoderouse dunha máquina rozadora, ferramentas e varios obxectos, e posteriormente prendeulle lume á vivenda, reducíndoa a cinzas”, segundo informa a Garda Civil, que tamén indica que esta “era a segunda vez que roubaba en a mesma vivenda, feitos polos que foi detido e recuperouse o material subtraído”.

A detención producíase nas inmediacións dunha caseta na paraxe de Villlabril (O Barco de Valdeorras), cando o detido se dispoñía a trasladar o botín que ocultaba na mencionada caseta. Na detención a Garda Civil incautábase dunha pistola disposta para facer lume, que ocultaba no seu vehículo.

O detido é o suposto autor de roubos en vehículos ocorridos durante os últimos meses, que crea alarma social entre os veciños do Barco.

Back to top button