DeportesPiraguismoÚltima horaVídeos

Competición nacional de augas bravas a vindeira fin de semana no Barco

 

A vindeira fin de semana O Barco acollerá. novamente, varias probas nacionais de Descenso de Augas Bravas en distintas modalidades no río Sil. Así o sábado á tarde terá lugar a Copa España en modalidade sprint individual con dúas mangas, mentres que o domingo á mañá desenvolverase o descenso clásico que tamén é Copa España. Esta é unha proba de fondo duns 4 kms, cuxo percorrido aínda non está concretado. “Podería ser de Éntoma ao Barco ou do Barco a Vilamartín, dependendo de como estea o caudal do río ese día”, segundo explicaban os representantes do Club Fluvial Barco na presentación da competición. Ambas probas tamén serán campionato galego.

 

 

Por outra banda, o sábado pola tarde, tras as probas individuais sprint, farase a proba sprint por patrullas (equipos formados por 3 deportistas), á vez é campionato de España desa modalidade.

 

 

“O descenso de augas bravas é unha especialidade minoritaria dentro do piragüismo e que só se fai na zona norte”, comentan dende o Fluvial Barco, indicando que está prevista a participación de 15 clubs Cataluña, País Vasco, Castilla León, Asturias e Galicia, entre eles o Fluvial Barco.

 

 

No acto tamén participaba o concelleiro de Deportes do Barco, Aurentino Alonso, quen amosaba o apoio desta institución ao club organizador, destacando que se trata dun campionato de España. Ademais, a deputada provincial delegada especial para Valdeorras, María Carmen González felicitaba aos organizadores por este evento deportivo, “que pon en valor ao río Sil e nunha sociedade que ten que valorar o esforzo que isto supón”.

 

 

Finalmente, o xefe territorial de Deportes en Ourense, Manuel Pérez, valoraba o feito de que o Fluvial Barco volva a traer este evento de nivel a Valdeorras.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

 

Back to top button