EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

Reunión do Clúster da Pizarra de Galicia coa conselleira de Economía, en Sobradelo

 

No marco da visita que a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, realizaba esta mañá ao sector da lousa en Carballeda de Valdeorras, tiña lugar unha reunión de traballo con representantes do Clúster da Pizarra de Galicia.

Esta entidade, que preside Víctor Cobo, agrupa a máis de 40 empresas dedicadas á extracción, elaboración e comercialización de lousa en Galicia e que representan, aproximadamente, o 90 por cento da produción total da comunidade.

No decurso da xuntanza os empresarios trasladábanlle a conselleira o momento actual que vive o sector, os proxectos que pretenden poñer en marcha, así como os retos que afronta a nivel, por exemplo, de sustentabilidade, internacionalización e diversificación de mercados.

Ao encontro cos representantes do Clúster tamén asistían o director de Axencia de Turismo de Galicia, José Manuel Merelles, e polo delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, así como polo director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández; a alcaldesa de Carballeda, María Carmen González. A reunión tiña lugar na Casa de Turismo Rural Pontevella, en Sobradelo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información

Carballeda de Valdeorras será o primeiro Concello Mineiro de Galicia pola súa “histórica vinculación coa lousa”

 

Back to top button