En portadaÚltima hora

Sesión plenaria no Concello do Bolo para declarar o loito oficial polos “tráxicos feitos acaecidos nas Ermidas”

Convocarán un minuto de silencio para mañá, martes 8 de abril, ás 12 horas

 

Dende o Concello do Bolo veñen de convocar un Pleno extraordinario para as 14 horas deste luns 7 de abril, no que “debido aos tráxicos acontecementos acaecidos o 6 de abril de 2025”, proporán “declarar loito oficial de tres días que comezará hoxe ás 14 horas e estenderase ata o 9 de abril ás 23:59 horas”. Durante os mesmos as bandeiras en todos os edificios municipais ondearán a media asta.

Asemade, mostrarán a “condolencia do Pleno e toda a veciñanza do Concello do Bolo á familia de J.F.G.” e convocarán “un minuto de silencio o día 8 de abril de 2025 ás 12 horas diante da Casa do Concello”.

Dende o Grupo Municipal do Partido Popular do Bolo expresaban “publicamente a súa máis rotunda condena polo crime machista acontecido o domingo 6 de abril na parroquia das Ermidas, onde unha veciña do noso concello de 76 anos, foi asasinada presuntamente pola súa parella”. Do mesmo xeito, trasladaban “á familia da vitima e á veciñanza afectada a nosa solidariedade, o noso respecto e o noso acompañamento nestes momentos de dor”.

Back to top button