DeportesÚltima hora

O atleta valdeorrés Pablo García, na sesión técnica de valos en Santiago

 

Entre os 18 atletas galegos convocados para a Sesión Técnica de valos (correspondente ao Plan Galego de Tecnificación Deportiva 2025) que se celebraba o pasado domingo nas pistas da Universidade de Santiago Compostela estaba o valdeorrés Pablo García do Adas Cupa. Á súa fronte estaba fronte o responsable do sector de valos Vicente Veiga, e acompañado por Ignacio Castro, Santi Ferrer e Ismael Costas,

A cita reunía a 18 dos atletas galegos máis destacados especialistas neste sector.

Desde a Dirección Técnica da Federación Galega de Atletismo valórase moi positivamente este tipo de xornadas que “teñen como principal finalidade, facer un seguimento dos novos valores do atletismo galego así como a de compartir cos seus adestradores impresións e criterios técnicos”, tamén se adianta que “ao longo do ano, continuarase con máis sesións técnicas que tamén servirán para perfilar a composición das distintas categorías da Selección Galega nos seus vindeiros compromisos”.

Fotos: FGA.

 

Back to top button