Con máis de 90 propostas artísticas vén de poñerse en marcha unha nova edición de Artelixo de Redondela, que se manterá en marcha ata o 12 de abril. Trátase de arte elaborada con material de refugallo, despregadas polo centro da vila, en rúas e prazas.
As pezas son obras de artistas, pero tamén de entidades e colectivos sociais, centros de ensino ou da propia veciñanza, con autores de todas as idades. Entre os participantes neste proxecto está o creador valdeorrés Gerardo Rodríguez Ramos “Chere”, xunto a Susana Ferradás, con dúas obras: “Fundido a negro. Rotuladores sobre televisións” e o “Becerro de ouro”, un mosaico.
Fotos cedidas.
