En portadaÚltima hora

Sober prepárase para celebrar a XLV Feira do Viño de Amandi, que terá lugar do 11 ao 13 de abril

A adega encargada de inaugurar a mostra será A Cividade e no recinto feiral poderán degutarse os viños de 22 adegas da subzona de Amandi

Imaxe da pasada edición da Feira do Viño de Amandi (Sober)./ Foto: A.R.

 

Conta atrás para a XLV Feira do Viño de Amandi, coa que culmina un intenso e completo programa de actividades do Mes de Amandi no concello de Sober. A mostra celebrarase do 11 ao 13 de abril nesta vila lucense, cunha chea de propostas nas que cobran protagonismo o viño e máis a música.

Neste 2025 o convidado de honra da mostra é o Concello do Incio, nunha edición da feira que novamente vai comezar o venres 11 de abril e estenderse durante o sábado e domingo de Ramos. A adega encargada de inaugurar a Feira será A Cividade, ao cumprirse o décimo aniversario do falecemento do seu fundador, José Verao Rodríguez. E a cantante do Incio Lucía Pérez será a pregoeira desta mostra, o domingo día 13 ás 13:00 horas. O sábado ofrecerá un concerto na Praza do Concello.

Nestes días o público poderá desfrutar cos viños de ata 22 adegas da subzona de Amandi. As adegas participantes nesta edición da feira son: A Carqueira (A Carqueixa-Proendos), A Man de Prado (Bolmente), Algueira (Doade), Barbado (Proendos), Cividade (Outeiro-Bolmente), Cruceiro (Vilachá-Doade), Don Bernardino (Cima de Vila-Brosmos), Estrela (Vilachá-Doade), Finca Cuarta (Outeiro-Proendos), Guímaro (Sanmil-Brosmos), Gullufre (Lobios), Lucenza (Corvella-Proendos), Malcavada (Rosende), Marcelino I (A Carqueixa-Proendos), Petrón (Doade), Proencia (Sanxillao-Proendos), Rectoral de Amandi (Amandi), Regina Viarum (Doade), Soutelo (Lamas-Bulso), Tear (Suairexa-Figueiroá), Val da Lenda (Cantón-Amandi) e Viña Frieira (Vilachá-Doade).

Cata de viños

Cun xurado profesional integrado por membros da Federación Española de Enólogos, celébrase una precata e cata final dos viños expostos na feira.

Entregaranse tres primeiros premios para viños tintos da anada de 2024, un premio para viños brancos da anada de 2024, un premio para viños rosados da anada 2024, un premio para viños tintos de anadas anteriores a 2024, e un premio para viños envellecidos en barrica. Organiza: Vinosacra.

 

Cedida.

 

XLV FEIRA DO VIÑO DE AMANDI-PROGRAMA DE ACTOS

Venres 11 de Abril

-Ás 19.30 horas: Inauguración a cargo da Adega Cividade de Outeiro-Bolmente, en lembranza de José Verao Rodríguez.

-Ás 20.00 horas: Actuación da batucada X de L.

-As 22.30: Actuación de Louband.

Sábado 12 de Abril

-Ás 11.00 horas: Apertura de stands.

Ás 11.30 horas: Actuación dun Grupo de Música Tradicional, a través do programa Tradigalu da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

-Ás 12.30 horas: Actuación da Banda de Música de Sober.

-Ás 17.00 horas: Comezo da Precata Oficial.

-Ás 18.30 horas: Actuación da Batukada Baturruca.

-Ás 21.30 horas: Actuación de Lucía Pérez.

-Ás 23.00 horas: Actuación de Gin Toni’s.

Domingo 13 de Abril

-Ás 10.45 horas: Actuación da Charanga NBA.

-Ás 11.00 horas: Pasarrúas coa Banda de Música de Sober.

-As 11.15hora: Actuación da batukada Tukupá.

Ás 11.30 horas: Comezo da Cata Final Oficial.

Ás 11.30 horas: Misa Solemne coa Bendición de Ramos, na Igrexa de Sober.

-As 12.00 horas: Animación cunha dunha selección de Tunas de Madrid.

-Ás 12.30 horas: Recepción de autoridades na Casa do Concello.

-Ás 13.00 horas: Pregón a cargo da cantante do Incio Lucía Pérez.

-Ás 13.30 horas: Entrega de Premios.

-Ás 17.30 horas: Actuación da Charanga NBA

-Ás 18.00 horas: Actuación de Gaitukada Aikirindo.

-Ás 19.30 horas: Baile coa orquestra Los Satélites.

 

Back to top button