DeportesÚltima hora

Homenaxe ao atleta Xamín Fernández no cartel dos campionatos galegos desta fin de semana en Santiago

 

O atleta Benxamín Fernández Yáñez “Xamín”, natural de Soutipedre (Manzaneda) e vinculado a Petín na súa mocidade, é homenaxeado no cartel dos campionatos Xunta de Galicia desta fin de semana en Santiago: o XXIV Campionato Xunta de Galicia 10.000 Absoluto, Sub23 e Máster e 5.000 Sub23 e máster, así como o X Campionato Xunta de Galicia Pentatlon Lanzamentos Máster e o XXV Campionato Xunta de Galicia Combinadas Máster.

Este atleta, falecido en novembro de 2024, na tempada 1983-84 proclamábase campión de España en 1.500 m en pista cuberta e foi catro veces internacional.

Back to top button