CulturaCulturaÚltima hora

“Enxovais”, unha fermosa mostra que xungue as artes da costura e da pintura no Barco

Poderá visitarse ata o vindeiro 19 de maio na Sala de Exposicións Abanca da vila

 

Multitude de elaborados bordados e outras labores de costura combinadas, con gran acerto, con lenzos despregánse en “Enxovais”, unha singular proposta que se inauguraba na tarde do 30 de abril na Sala de exposicións de Abanca no Barco (praza do Príncipe).

Nesta mostra unen as súas inquedanzas creativas e artística dúas veciñas de Córgomo (Vilamartín de Valdeorras): Henar Macías e Carmiña López. Multitude de detalles trazados sobre a tea con fíos e coidadosas técnicas e tamén con trazos de óleo sobre o lenzo poden desfrutarse percorrendo a exposición.

 

 

Poderá visitarse ata o vindeiro 19 de maio os xoves e venres (en horario de 17h. a 20:30h.) e os sábados (de 11h. a 13h).

Fotos: A.R.

 

 

Back to top button