CulturaCulturaÚltima hora

O “Poemuseo (da vida labrega)” de Emilio Araúxo faise libro

Este etnógrafo e fotógrafo ourensán asinaba exemplares desta obra no marco da celebración das Letras Galegas en Parada de Sil

 

Cada peza ten o seu verso. Son obxectivos vinculados á memoria da terra, da cultura labrega nun rural que hoxe esmorece. Pero no seu afán por rescatar, conservar e transmitir ese valioso legado colectivo, o etnógrafo, fotógrafo e poeta Emilio Araúxo (Coles, 1946), foinos recompilándoos ao longo do tempo para expoñelos nun espazo moi especial: o seu “Poemuseo” na aldea de Sacardebois (Parada de Sil).

Ese patrimonio etnográfico vén de cobrar agora forma de libro en “Poemuseo (da vida labrega)” (Alvarellos, abril 2025), no que o propio Araúxo percorre en imaxes, sempre en branco e negro, polas diversas e senlleiras pezas do seu museo, estruturada segundo as estancias dunha casa labrega, pero tamén polos seus significados e versos.

 

 

O traxecto comeza no pendello, cunhas cancelas, acompañadas da cita de Guennadi Aigui: “pero viva é a igualdade xeada das árbores enfermas e á beira diso Ti es claridade”.

A obra remata cun agradecemento ás persoas doadoras, aos pintores e escultores e Paco Magide, “por darlle un horizonte de edición a este libro”, editado polo Concello de Parada de Sil.

O autor asinaba este volume o 10 de abril en Parada de Sil, no marco da celebración das Letras Galegas neste Concello.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Back to top button