Neste 14 de maio comezaba a xincana polos comercios do Barco Centro Comercial Aberto (CCA). Esta actividade, que poderá realizarse ata o vindeiro 31 de maio, forma parte da campaña das Letras Galegas que promove esta entidade en colaboración cos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos 6 centros de ensino do Barco (IES Martaguisela, IES Lauro Olmo, Colexio Divina Pastora, os CEIPs Condesa de Fenosa, Julio Gurriarán e Otero Pedrayo de Viloira) e do CEIP Virxe do Camiño de Rubiá.

Os participantes na xincana percorren os 40 establecementos participantes na campaña na procura de versos e selando o folleto da campaña. Nos escaparates de cada un deles hai exposta unha imaxe realizada polo alumnado dos centros inspirada en versos do Cancioneiro Popular Galego.
Os participantes poderán entrar no sorteo dun vale de compra de 50 euros para gastar nas librerías asociadas.
Fotos: A.R.