CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O etnógrafo José R. Cruz, nas conferencias que abren o X Festival Internacional ViBoMask, en Viana

O etnógrafo José Rodríguez Cruz, intervindo nun acto./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O encontro ViBoCultura, unha serie de conferencias sobre temas relacionados coas mascaradas, encentarán o programa do X Festival Internacional ViBoMask Mascarada Ibérica. Será no IES Carlos Casares de Viana do Bolo

Así, a partir das 11h. do 16 de maio poderá escoitarse a César Rodríguez, de La Vijanera (Silió, Cantabria), quen presentará esta festa de inverno. Ademais están previstos os relatorios “La Máscara, puente entre dos culturas (de España a México)” de Carlos González Ximénez (fotógrafo) e “Percorrido por algúns entroidos arraianos”, do estudo das tradicións da Gudiña, José Rodríguez Cruz, colaborador do Periódico O SIL.

Tamén o venres terá lugar a inauguración da exposición “10 anos dan para moito: ViBoMask en imaxes”, ás 18.30 na Sala de Exposicións do Concello. E, tamén esa tarde, impartirase o obradoiro de Bleach Painting, entre as 13.30-20.00, a cargo de Estudio Garabizo nos soportais da Praza Maior de Viana do Bolo.

Por outra banda, a partir das 20h. comezará a foliada, con animación musical polos locais de hostalaría da vila de Viana. Xa á medianoite soará a orquestra La Bambola, na Praza Maior para continuar a festa.

Back to top button