
Axentes da Policía Nacional procedían á detención dun individuo como presunto autor dun delito de roubo con forza levado a cabo nunha vivenda unifamiliar do barrio de Santa Ana na cidade de Ourense.
Os feitos que orixinaban a detención producíase os días 6 e 7 de maio, “cando un mesmo individuo accede en dúas ocasións a unha vivenda, violentando unha das xanelas á que accede previo escalo dun valo exterior e subtraendo, unha vez no interior, efectos de distinta consideración. Por parte de Grupo UDEV, así como da Brigada Provincial de Policía Científica, lévase a cabo a investigación dos feitos que conclúe coa identificación do presunto autor dos feitos denunciados”, tal e como informa a Policía Nacional.
As actuacións policiais que levaron a cabo, enmárcanse no Plan de Prevención para a represión dos delitos contra a propiedade, establecido na Comisaría Provincial de Ourense.
Finalizadas as correspondentes dilixencias policiais para o esclarecemento dos feitos, o detido foi posto ao dispor xudicial.