O Concello de Rubiá celebra, un ano máis, as Letras Galegas promocionando a lectura en galego entre os escolares no municipio. Así, neste 16 de maio, a concelleira de Cultura de Rubiá, Laura Iglesias, visitaba o CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño para agasallar ao seu alumnado con libros en galego, adaptados por idade, en cada ciclo.
Fotos cedidas.