OurenseÚltima hora

Entrega dos Premios Foro do Bo Burgo 2025 en Castro Caldelas

O Castelo de Castro Caldelas era escenario esta mañá da entrega dos Premios Foro do Bo Burgo 2025, nos que se recoñeceron “a dedicación, o talento e o compromiso de persoas e institucións que engrandecen a cultura galega e o noso país”. Ao acto tamén asitían, entre outras autoridades, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, o subdelegado en Ourense, Eladio Santos, e a alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega, así como deputados provinciais.

O delegado e a alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega, felicitaron aos premiados e agradecéronlles o seu esforzo por “manter viva a nosa lingua e por estreitar lazos entre a nosa terra e os galegos e galegas do exterior”.

Blanco fixo especial mención ao seu compañeiro, o delegado do Goberno en Cataluña, Carlos Prieto Gómez, pola súa contribución á “expansión do noso idioma fora de Galicia”.

 

 

Ademais trasladou o seu compromiso para “protexer e dinamizar o uso do galego en todos os ámbitos, como reflexo da nosa identidade”; así como a importancia que supón o galego para o Goberno.

Os premiados nesta edición do certamen foron o delegado do Goberno en Cataluña, Carlos Prieto Gómez; o Centro Galego de Castelló o Aturuxo; a Fundación Novoneyra; a escritora galega Marica Campo; o músico Xosé Luis Foxo; a veterinaria Olga Iglesias Fontal; a xornalista Lucía Rodríguez; o Colexio da Inmaculada -Lasalle de Santiago e a súa Asociación de Antigos Alumnos.

Fotos cedidas.

Back to top button