Vilariño de Conso enchíase de veciños e visitantes ao longo da xornada do 18 de maio para desfrutar das actividades do X Festival Internacional Mascarada Ibérica ViBoMask. Entre os actos sobresaía o desfile que se poñía en marcha ao mediodía coa participación de preto de medio cento de festas de inverno de Galicia, pero tamén doutros puntos de España e mesmo de Portugal.

O tempo acompañaba e o público concentrábase maioritariamente na praza onde o Bar Foliada era un dos lugares máis visitados para poder refrescarse con bebidas e seguir o desfile.
Fotos: Carlos G. Hervella.
