A praza do Concello do Barco acollía neste mediodía unha concentración con motivo dos feitos acontecidos na mañá de onte, cando unha muller se precipitaba ao baleiro dende un cuarto piso da praza Andrés de Prada da vila.
O alcalde do Barco, Alfredo García, amosaba a repulsa cidadá ao acontecido, que se está a investigar e polo que hai unha persoa detida, e tamén poñía a disposición o Concello do Barco naquilo no que se puidera axudar. Así mesmo, o rexedor sinalaba que a muller está en Vigo e estable dentro da gravidade.
No acto interviña tamén unha veciña do Barco, Aurora, quen destacaba a importancia da educación para evitar este tipo de sucesos e lía uns versos de Rosalía de Castro.
A concentración concluía cun minuto de silencio e cun aplauso. Despois, informábase de que un grupo de nais cuxos fillos van o Colexio Divina Pastora, onde está escolarizado tamén o neno da muller que caia dende o balcón, están iniciando unha colecta co fin de cubrir as necesidades que poida ter o meniño.
Fotos: O SIL.