
Tamén no Concello da Rúa se concentraban no mediodía deste mércores 21 de maio polos feitos acontecidos na mañá de onte no Barco de Valdeorras.
“As forzas da orde investigan o suceso como un acto de violencia de xénero e a súa parella foi detida pouco despois da caída”, indican dende o Concello, motivo polo que convocaban a concentración en “solidariedade co Concello do Barco e como acto de repulsa ante esta agresión machista”.

Fotos cedidas.