CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

I Festival de Corais Terras de Trevinca, o 24 de maio na Veiga

 

 

Con motivo da celebración Do I Festival de Corais Terras de convócase aos medios de comunicación para asistir ao citado evento

O vindeiro sábado 24 de maio ás 19:30horas a Igrexa de Santa María de A Veiga acollerá o I Festival de Corais Terras de Trevinca. Este evento contará coa participación de tres formacións musicais: a Coral Polifónica Beato Sebastián Aparicio de A Gudiña, a Coral polifónica de Santa Mariña de Xinzo de Limia e a Coral Voces de Trevinca do Concello de A Veiga.

O festival, cuxa apertura correrá a cargo do alcalde da Veiga, Juan Anta, acolle “unha representación de corais da provincial cun repertorio de catro intervencións por parte de cada unha delas, para clausurar o evento cunha canción popular conxunta”, tal e como adianta o Concello da Veiga.

Ao remate terá lugar a entrega de agasallos ás corais participantes así como aos seus mestres a cargo das autoridades locais.

Back to top button