ConcellosSan Xoán de RíoTrivesÚltima hora

Trives e Río acollen 3 xornadas de programación especial de RNE sobre o rural galego

 

Durante esta fin de semana, os concellos da Pobra de Trives e San Xoán de Río convertíanse en protagonistas dunha programación especial de Radio Nacional de España (RNE), no marco das xornadas “Xuventude VS Rural”, centradas en dar visibilidade á vida, os desafíos e as oportunidades do rural galego.

Ao longo de tres días, RNE desprazou un equipo profesional para realizar dúas gravacións do programa “España Rural” con Manolo HH, así como unha conexión en directo con “Las tardes de RNE”, conducido por Lourdes Maldonado, emitida o venres desde A Pobra de Trives.

 

 

As emisións tiveron lugar nos seguintes espazos:

– Venres (A Pobra de Trives, 16:15 h): conexión en directo con Las Tardes de RNE

– Sábado (A Pobra de Trives, 13:00 h): gravación de España Rural

– Domingo (San Xoán de Río, 13:00 h): gravación de España Rural

Ademais dos programas radiofónicos, o equipo de RNE gravou testemuños e historias da veciñanza, recollendo experiencias persoais que amosan o valor humano, cultural e social do rural galego. Tamén se elaborou material multimedia que será difundido nas redes sociais de RNE nos vindeiros días, co obxectivo de achegar estas realidades a un público máis amplo.

 

 

Dende os Concellos de Trives e de San Xoán de Río “agradecemos a RNE a súa sensibilidade e o compromiso coa visibilización do rural. Esta cobertura supón unha oportunidade única para proxectar a voz da nosa xente, do noso territorio e das novas xeracións que apostan por vivir e construír dende aquí”.

Fotos cedidas.

Back to top button