
O Concello de Manzaneda vén de informar de que este luns daban comezo as obras da Residencia de Maiores Gabino García, de carácter municipal. A actuación suporá un importe de máis de 300.000 euros, financiados ao 100% polo Consorcio Galego de Benestar e permitirá renovar as instalacións de fontanería, calefacción, adaptación de baños e ascensor entre outros con fondos Next Generation UE.