EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

Eliseo López Alonso, novo presidente do Clúster da Pizarra de Galicia

O actual Director de Comunicación e Relacións Institucionais de CUPA Group, sucede a Víctor Cobo, tras 15 anos no cargo

 

Eliseo López Alonso, actual Director de Comunicación e Relacións Institucionais en CUPA GROUP é, desde este 28 de maio, o novo presidente do Clúster da Pizarra de Galicia, substituíndo no cargo a Víctor Cobo Arias, quen o ostentou desde o ano 2010.

Tras a reunión da xunta directiva mantida esta mañá na sede do Clúster en Sobradelo de Valdeorras, Eliseo López resultou elixido por unanimidade para os vindeiros catro anos.

Licenciado en Dereito pola Universidade Pontificia Comillas ICAI – ICADE, posúe tamén unha Diplomatura en Ciencias Empresariais, pola mesma universidade, ademais dun Máster en Dirección de RRHH, pola ESIC Business & Marketing School.

 

 

Tras desempeñar varios cargos noutras empresas do sector da minería, fai 15 anos, o recén elexido presidente do Clúster, entraba a formar parte da empresa para a que hoxe continúa traballando, CUPA Group. Desempeñou primeiro o cargo de Director de Recursos Humanos, para pasar, fai cinco anos, a exercer como Director de Comunicación e Relacións Institucionais.

Eliseo López é tamén o presidente de APICAL, a Asociación de Pizarristas de Castilla y León, e a partir de hoxe, desempeñará o cargo de presidente da Federación Nacional de la Pizarra que ostentaba o seu antecesor, Víctor Cobo.

Back to top button