OurenseÚltima hora

Río, un referente europeo para repensar o rural co foco posto no benestar comunitario

 

O municipio de San Xoán de Río vén de ser escenario neste 28 de maio dunha xornada de traballo internacional no marco do proxecto europeo GRANULAR, que reuniu a representantes de 15 entidades europeas de referencia nos eidos da investigación, o desenvolvemento rural, a sustentabilidade e a innovación social.

As sesións desevolvíanse nun lugar nun espazo tan simbólico como a igrexa parroquial de San Xoán, grazas á colaboración da comunidade e do párroco, ofrecendo un ambiente único para o diálogo sobre os retos e oportunidades do rural europeo.

 

 

A xornada contou coa introdución de Breixo González (Universidade de Vigo) e a dinamización de Daniel Diéguez (Apoio Cooperativo). Participaron relatores que presentaron experiencias pioneiras como:

1. Comunidades enerxéticas no rural – Miguel Morgado, Ecorés Servicios Energéticos

2. Observatorio Eólico de Galicia (GWO) – Xabier Simón, Universidade de Vigo

3. IA para a gobernanza rural – Xosé Miguel Pérez, Alcalde de San Xoán de Río

4. Proxectos colaborativos de transición enerxética – Eva D. Castro

5. Plan ODS para pequenos concellos rurais de Ourense – Eva D. Castro e Xosé Miguel Pérez Blecua

6. Políticas locais de igualdade – Geanina Lascu, Concello de San Xoán de Río

7. Mulleres de Río: empoderando voces, construíndo inclusión – Erika González

A coordinadora da xornada foi Maribel Doval (Universidade de Vigo).

No decurso da xornada falábase de iniciativas locais destacadas como: Ourense rural é vida, Rehabita Rural Lab, Estratexia 2030, o proxecto de igualdade EnRede, e o programa de voluntariado interxeracional Entre Pares.

A xornada completouse cun picnic na natureza, elaborado con coidado por Irene e Saúl, e cunha ruta pola fraga deseñada e guiada polas Mulleres de Río, que tamén foron responsables da organización, decoración da igrexa e acollida aos participantes.

As entidades participantes, procedentes de toda Europa, eran as seguintes: IAMM – Institut Agronomique Méditerranéen de Montpellier, Nordregio – Instituto de políticas territoriais do norte de Europa, Wageningen UR – Universidade líder en investigación agroambiental; Universidade de Pisa; AEIDL – Asociación Europea para a Innovación no Desenvolvemento Local; CNRS – Centro Nacional de Investigación Científica; ERDN – Rede Europea de Desenvolvemento Rural; Thünen Institute – Investigación agraria e forestal; Ecorys – Consultora de políticas públicas; PREPARE – Red europea de participación cidadá rural; Västerbotten County – Rexión rural innovadora de Suecia; P10 – Berkelland – Alianza holandesa de municipios rurais; GreenGea – Consultora de bioeconomía e transición verde; Pays Pyrénées Méditerranée – Cooperación transfronteiriza;  James Hutton Institute (Escocia) – Investigación en resiliencia rural.

Fotos cedidas.

Back to top button