EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

As características da lousa como material ecosostible, na IV Bienal da Ardosia en Valongo (Portugal)

Víctor Cárdenes, doutor en Xeoloxía e un dos maiores expertos en lousa nivel internacional, ofrecía un relatorio sobre esta pedra natural

O experto de lousa Víctor Cárdenes, na Bienal de Valongo./ Cedida.

 

Entre os relatorios da IV Bienal da Ardosia que se vén de celebrar en Valongo (Portugal) figuraba un de Víctor Cárdenes, profesor titular de Petroloxgía da Universidade de Oviedo e un dos maiores expertos en lousa do mundo. Durante a súa intervención presentaba as características dos materiais de construción ecosostenibles, analizando punto por punto a adecuación da lousa ás devandita scaracterísticas.

“A conclusión é que, comparada con outros materiais de construción empregados en cubertas, a lousa é reciclable, con baixas emisións de Gases de Efecto Invernadoiro na súa produción, cunha composición mineral sinxela e estable, e, sobre todo, moi duradeira, chegando a alcanzar os 200 anos”, sinala Víctor Cárdenes

A Bienal da Ardosia, que nesta edición estaba dedicada á ecosostibilidade, celébrase no Museu da Ardosia de Valongo, preto da cidade de Porto. Este museo, de carácter municipal, leva funcionando desde o ano 2001, ten unha exposición permanente sobre a industria da lousa dividida en tres seccións: fabricación de pizarríns e lapis de lousa escolares, recreación dunha vivenda típica de traballadores da lousa, e diversos obxectos realizados nesta pedra.

“O concepto das sucesivas bienais é ofrecer charlas técnicas e de divulgación sobre diferentes aspectos da lousa, á vez que se reúnen colectivos de artistas (pintores, escultores, músicos etc.)/ etc.) coa tarefa de crear obras artísticas coa lousa como material base. Froito destas bienais xurdiron novos camiños da interpretación desta roca, poñendo de relevo as numerosas aplicacións da lousa”, sinala Cárdenes

O Museu conta cunha programación anual enfocada á valorización da industria da lousa, así como o desenvolvemento de disciplinas artísticas e educativas relacionadas coa lousa. É de destacar a colaboración cunha escola local na creación da materia Disciplina das Artes da Ardosia, onde o alumnado en proxectos artísticos empregando esta roca. Adicionalmente, o Museu conta coa colaboración da compañía Empresa das Lousas de Valongo, fundada en 1865, sendo a primeira empresa da Península Ibérica que incorporou maquinaria moderna na extracción e elaboración da lousa.

 

Back to top button