
O Concello de Rubiá levará adiante un proxecto de rexeneración de espazo público no entorno as vivendas municipais, cuxa execución será asumida pola Consellería de Vivenda dentro do Plan Hurbe 2019-2026. O importe da intervención será de 280.509,53 euros, dos que o 70% será achegado pola consellería e o 30% restante polo Concello.
Así, na sesión plenaria que a Corporación de Rubiá celebraba o 22 de maio aprobábase por unanimidade autorizar e aprobar un gasto plurianual para a realización deste proxecto en tres anualidades.
O Concello de Rubiá xa realizara anteriormente a reforma e restauración das antigas vivendas dos mestres e agora preténdese a restauración do entorno urbán desta zona.
O Plan Hurbe, de Vivenda, é un programa que busca das resposta á necesidade de humanización das vilas e de incrementar o atractivo dos núcleos rurais como factor determinante do equilibrio territorial.