
O Clúster da Pizarra de Galicia estará presente na Feira Stonegal, que se desenvolverá do 3 ao 5 de xuño no Instituto Feiral de Vigo (IFEVI). Contará cun stand propio de 72 m2, “composto por paneis expositores nos que se expoñen as diferentes formas de colocación da lousa, tanto en fachada como en cuberta”, indica seu xerente, Severino González.
O obxectivo do Clúster, coa súa presenza no principal evento da Península Ibérica adicado á pedra natural, é “difundir as posibilidades que ten a lousa no ámbito da construción sostible”, nun contexto cuxo público está formado, na súa inmensa maioría, por “prescritores, como son arquitectos, aparelladores e construtores”, concreta González.
Stonegal 2025
Coa participación de 150 empresas líderes de Europa, América e Asia; cunha previsión de asistencia de máis de 3.000 personas, e con 15.000 metros cadrados de exposición, Stonegal 2025 convértese nunha ocasión única para poder ver os produtos máis novedosos do mercado, e coñecer os últimos avances e tecnoloxías máis actuais en maquinaria e subministros.
De xeito paralelo a esta mostra, celebrarase un congreso que contará con conferencias, mesas redondas e obradoiros, conducidos por destacados referentes internacionais relacionados coa pedra natural.