
Un veciño que se atopaba en Viloira (O Barco) na tardiña do pasado domingo, 1 de xuño, sufría un infarto pasadas as 21h. Nas proximidades atopábanse axentes da Policía Local que, foron avisados, e que interviñan de inmediato e poñía o sucedido en coñecemento do 061, establecendo contacto con persoal sanitario.
Os axentes conseguían reanimar a esta persoa, tras realizarlle unha RPC durante 10 minutos ata que chegou a ambulancia do 061 con profesionais sanitarios, que tras estabilizala, trasladábana ao hospital, segundo explicaba o alcalde do Barco, Alfredo García, quen poñía en valor o labor policial neste tipo de situacións de risco vital das persoas.
“A Policía Local non só está para poñer multas ou para deter a unha persoa que cometera un delito, tamén para cousas tan importantes como salvar vidas e está ben que os veciños saiban que se atopa preparada para actuar nestes casos”, indicaba o rexedor.