O vindeiro domingo 8 de xuño poderá desfrutarse dunha comida maridaxe con viños de Valdeorras na Granxa Escola A Capilla na estrada de Lentellais (O Bolo). Inclúe entrantes e diferentes embutidos, harmonizados con dous viños godello, e despois pratos principais, desta volta maridados con tintos. O prezo desta proposta é de 47 euros por persoa.

Ademais haberá unha sobremesa musical coa actuación do grupo Mario Colomán & The Clocks Band.
