A GudiñaConcellosÚltima hora

Xuntanza o xoves na Gudiña para crear unha plataforma cidadá en defensa do tren

 

Para o vindeiro xoves 5 de xuñp está convocada unha xuntanza ás 21h. na Estación A Gudiña-Porta de Galicia de cara a crear unha plataforma cidadá en defensa do tren. A través dela preténdese canalizar demandas como  evitar perdas de paradas e frecuencias, evitar o despoboamento do rural e a discriminación con outros territorios do país.

Os promotores da reunión animan a participar e indican que “cantas máis organizacións e cidadanía a modo particular se implique, mellor nos irá”.

 

Back to top button