
Na vindeira fin de semana o atleta valdeorrés Aaron Pérez, do Club Adas Cupa, debutará coa Selección Española U18 no encontro Internacional España-Portugal de remudas, que se disputará o día 6 en Salamanca.
“Con esta primeira chamada da Selección, o xove valor da velocidade galega, confirma a súa gran calidade e proxección de futuro”, tal e como destacan dende a Federación Galega de Atletismo, que vén de facer pública esta nova.
