
O Concurso Nacional de Viños Xoves Premios Baco vén de facer públicos os recoñecementos da súa última edición, correspondente á colleita do 2024. Este certame está organizado pola Unión Española de Catadores e reunían a medio cento de recoñecidos xornalistas, sumilleres, enólogos, comunicadores, responsables de compras e profesionais da hostelería e distribución.
Da súa valoración saían as distincións deste ano (os Grandes Bacos de Ouro, Bacos de Ouro e Bacos de Prata). Neste concurso resultaban distinguidos 14 viños da D.O. Valdeorras, dos que 8 lograban un Baco de Ouro e os seis restantes un Baco de Prata.
BACOS DE OURO
Adega e viño
A COROA SAT: A COROA 2024
BODEGAS D’BERNA: D’BERNA GODELLO 2024
BODEGAS LA TAPADA S.A.T.: GUITIAN SOBRE LIAS 2024
SANTA MARTA: FARDELAS 2024
BODEGAS SANTA MARTA:A CERCADA 2024
HGA BODEGAS Y VIÑEDOS DE ALTURAEL: CONFIDENTE 2024
JOAQUIN REBOLLEDO S.A.: JOAQUIN REBOLLEDO GODELLO 2024
TERRIÑA S.L.: MIL RÍOS GODELLO SOBRE LÍAS 2024
BACOS DE PRATA
ALAN DE VAL: ALAN DE VAL MENCÍA 2024
ALAN DE VAL: ALAN DE VAL GODELLO 2024
LA TAPADA S.A.T.: GUITIAN XOVE 2024
HACIENDA UCEDIÑOS SL: HACIENDA UCEDIÑOS 2024
QUINTA DA PEZA S.L.:QUINTA DA PEZA MENCÍA 2024
VIÑA COSTEIRA SCGA: TRABA 2024