EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Saen á venda as entradas da XXVII Festa das Covas de Vilamartín, que será o 2 de agosto

Imaxe da anterior edición da Festa das Covas./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A organización da XXVII Festa das Covas de Vilamartín, que se celebrará na tardiña e noite do 2 de agosto, vén de poñer a venda as entradas desta edición. A apertura das covas entre as 20:30 ata as 00:00 . A partir das 00:00 haberá festa coa cacrodIsco RADIKAL no recinto anexo.

“Coa entrada terás un pano, unha cunca de barro e unha pulseira para control de acceso. Coa entrada accedes a todas as covas do percorrido donde podes degustar distintos petiscos e postres así como as bebidas de cada cova”, din dende a organización.

As entradas, a un prezo de 20 euros, xa poden adquirise a través de internet cun custo de 18 euros (https://vivetix.com/es/entradas-xxvii-festa-das-covas-l4eq?s=whatsapp#/swrr4zuEh92), ou ben o mesmo día da festa nas dúas entradas ao recinto das covas.

Back to top button