CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Verín abre as inscricións para a ludoteca de verán e o campamento urbano Tamega 2025

 

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín, dependente da área de Benestar Social, vén de anunciar a apertura do prazo de inscrición para a Ludoteca de Verán e o Campamento Urbano “Támega” 2025. As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición a partir do xoves, 5 de xuño, na Casa da Xuventude (Avda. de Portugal, 11 – 1ª planta, porta 15).

Estas iniciativas, dirixidas a nenos e nenas de 3 a 15 anos, teñen como obxectivo facilitar a conciliación familiar e laboral durante os meses de verán, ao tempo que ofrecen un espazo educativo, lúdico e de socialización para a mocidade verinesa.

As actividades desenvolveranse entre o 23 de xuño e o 5 de setembro, de luns a venres, nas instalacións do CEIP Amaro Refojo e o CEIP Princesa de España. A programación estrutúrase en dúas propostas diferenciadas por idades:

LUDOTECA DE VERÁN “Convive en Igualdade” (3 a 10-11 anos)

Con actividades como:

  • Chapuzóns diarios na piscina municipal.
  • Obradoiros temáticos e creativos.
  • Celebración de días especiais (Día de Galicia, Día do Avó, Día do Emoticono…).
  • Inchables, acampadas nocturnas e lipdub.
  • Desfile con “Ludobatucada” e bailes.
  • Actividades de cine e informática no aula Cemit.
  • Excursión ao parque de atraccións Magikland (Peñafiel).

CAMPAMENTO URBANO “Támega” (11 a 15 anos)

Inclúe propostas como:

  • Visitas ao parque acuático Naturwaterpark e a unha adega tradicional.
  • Xogos deportivos e tradicionais, xymcanas pola igualdade, rallys, xogos musicais e moito máis.
  • Piragüismo, sendeirismo, saídas ao río, bicicletada, acampadas e veladas nocturnas.
  • Participación no Festival Internacional de Curtametraxes de Verín – Vía XIV.

Prezos e horarios flexibles

O Concello de Verín ofrece dúas franxas horarias (de 9:00 a 14:00 e de 8:00 a 14:30 h) e diferentes opcións de asistencia (días soltos, semanas, quincenas ou servizo completo), con prezos adaptados para persoas empadroadas e non empadroadas. Toda a información detallada pode consultarse na Casa da Xuventude ou chamando ao teléfono 988 414 776.

 

 

 

Modalidade Empadroados () Non empadroados ()
Servizo completo 143 179
Servizo completo (3 días á semana) 87 108
1 mes + 1 semana 77 97
1 mes + 1 semana (3 días á semana) 47 59
Quincena 65 82
Quincena (3 días á semana) 40 50
Semana 35 44
Días soltos 8 10

 

 

Modalidade Empadroados () Non empadroados ()
Servizo completo 169 211
Servizo completo (3 días á semana) 102 128
1 mes + 1 semana 90 113
1 mes + 1 semana (3 días á semana) 55 69
Quincena 70 88
Quincena (3 días á semana) 43 54
Semana 40 50
Días soltos 10 13

 

Back to top button