
O barrio do Toural de Viana do Bolo celebrará do 13 ao 15 de xuño as súas festas na honra de San Antón. No programa ademais dos tradicionais actos relixiosos, non faltarán diversas propostas musicais e lúdicas.
Así o programa festivo comezará o venres día 13 a partir das 23h. co grupo Beatriz. Xa o sábado, 14 de xuño, está previsto xogo da ra pola tarde, e dende as 21:30h. a actuación dos Chavalines. Xa ás 23:30h. actuará a orquestra Saudade e, ao remate, Dj Tariro.

O domingo 15 de xuño farase a procesión coa imaxe de San Antón ás 12:30h, co acompañamento da Banda de Gaitas de Vilariño de Conso. A continuación, ás 13h., oficiarase a misa solemne no Toural coa Coral Candea de Viana do Bolo.
Durante a tarde, haberá xogo da ra e sesión de tarde coa charanga El Tattoo.
Fotos cedidas.
