Con moi boas sensacións e vendas arranca o 4º Salón do Vehículo de Ocasión de Valdeorras, que se celebrará dende hoxe e ata o 8 de xuño na explanada do campo da festa no Barco, xunto ao Paseo do Malecón. Nesta edición esta mostra reúne máis de 70 vehículos diferentes.
Este salón está organizado por Alquidobao Multimarca, Euro Repar Talleres Galiñas e Dacia Auto Esport, S.A., contando coa colaboración doutras empresas e entidades.
“Un ano máis estamos intentando consolidar esta cita, que se converta nunha tradición. A xente cada vez pregúntanos máis se a imos organizar, tamén polos coches que imos ter, entón trátase de darlle a oportunidade ao público de que, en lugar de ir de peregrinación polos concesionarios, pois concentrarlles aquí a maior cantidade de vehículos de todos os tipos e de todos os precios para que poida, nuns metros cadrados, poida atopar o coche que necesita, a súa medida e coas súas posibilidades. Hai unha ampla gama de vehículos”, explica Jose de Euro Repar Talleres Galiñas, xunto a Pablo de Alquidobao.

Do mesmo xeito maniféstase Argimiro de Dacia Auto Esport, S.A., engandindo ademais que “intentamos que a xente non se vai e que nos teña en conta e que saiba que estamos aquí. Achegamos unha ampla gama de vehículos”.

Entre o tipo de vehículos que o público poderá atopar están os de xerencia, ocasión e Km 0. Trátase dun evento que inclúe liquidacións de stock, condicións especiais de financiamento e gran stock de vehículos.
Esta feira xurdía no ano 2019, organizada por tres empresas que se dedican ao mundo do vehículo, e nas anteriores edicións xa tiña unha moi positiva acollida.
Fotos: Carlos G. Hervella.
