DeportesÚltima hora

Mateo Valcarce gana o XII Trofeo de marcha en ruta Sub 16 na Coruña e Paula Cela queda terceira

Os seus compañeiros no Club Adas Cupa Daniel Bermúdez e Mario Pais eran 1º e 2º en Sub10 1 km

 

Excelente actuación valdeorresa no XII Trofeo Memorial Josefina Romero de Marcha en Ruta, que se celebraba o 7 de xuño na cidade da Coruña. Entre os resultados logrados polos marchadores do Club Adas Cupa do Barco destaba a vitoria na proba de Mateo Valcarce Fernández nos 3 km Sub16, cun tempo de 00:13:51.

Nesta mesma categoría tamén conquistaba un podio a súa compañeira de club, Paula Cela Núñez, cun rexistro de 00:17:32. Ademais as Sub 14 Martina García e Lúa González quedaban nos posto 18º e 20 respectivamente nos 3 km.

 

 

Xa na distancia de 2 km, o tamén valdeorrés Dylan Castillo Giraldo quedaba quinto en Sub16, mentres Antía Guntiñas lograba tamén un quinto posto.

Na proba de 1 km chegaba outras dúas medallas para Valdeorras. Así Daniel Bermúdez Carracedo impoñíase en Sub10 cun tempo de 00:06:34 e Mario Pais era segundo nesa mesma categoría cun crono de 00:07:31. Pola súa banda, Inés Cela situábase no posto 15º.

Fotos cedidas.

 

 

Back to top button