CulturaCulturaÚltima hora

Comeza o Verán Cultural en Parada de Sil

 

Un ano máis veñen de presentarse as actividades para o verán en Parada de Sil que este ano arrancarán o vindeiro sábado coa celebración da IX edición do Festivas de Corais no que participan unha coral de Viveiro, a coral de Agolada e os organizadores, Coral Aqua Música de Ourense.

A novidade é que este ano, dado que se dedicou o Día das Letras Galegas ás Pandereteiras participará no festival un grupo de Pandereteiras de Santiago. Terá lugar na Igrexa de Santa Mariña de Parada de Sil, ás sete e media .

Tamén no mes de xuño, o día 28 no mosteiro de Santa Cristina terá lugar a representación do Proxecto Identidade a cargo de Claudia Alfaya, obra que afonda na esencia máis profunda da identidade galega, explorando o pasado e as raíces de Galicia. Procura revelar aquilo que nos une como pobo, os símbolos que constrúen o un espírito común. Esta actuación combina o recitado de poemas, co baile e a utilización da pandereta.

O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, anima á veciñanza e aos visitantes a que acudan estas fins de semana ao municipio a pasalo día, degustar a gastronomía local e a aproveitar estes espectáculos.

Os espectáculos gratuitos e reservas en 689683713, ata completar aforo.

Back to top button