CulturaCulturaÚltima hora

Xaime Cortizo presenta en Sober “Viaxe interior de Pedra e Auga”: unha mostra que une arte, territorio e consciencia

 

Xaime Cortizo presentará en Sober “Viaxe interior de Pedra e Auga”: unha exposición que une arte, territorio e consciencia. Este venres 13 de xuño ás 19:00h, o fotógrafo e viticultor Xaime Cortizo inaugura no Centro Sociocultural, en Sober, a súa nova exposición fotográfica: Viaxe interior de Pedra e Auga, que poderá visitarse ata o vindeiro 31 de xullo.

Trátase dunha proposta visual de fonda carga simbólica, que nace dunha viaxe creativa e vital, unha travesía interior onde a pedra e a auga convértense nos grandes eixos narrativos dunha transformación íntima e artística. Cada imaxe é pegada, fronteira, memoria e revelación.

A exposición entrelaza tres xeografías fundamentais para o autor:

• A atmósfera máxica de Santiago de Compostela, representada nas súas gárgolas: rostros de pedra que gardan segredos e atravesan séculos, e tamén nos horizontes poéticos.

• Os paisaxes sagradas da Ribeira Sacra do Miño, onde Xaime cultiva a vide e o silencio, e onde a terra, a luz e o viño constrúen unha cultura ancestral.

• E os límites abertos da costa atlántica galega, desde a desembocadura do Miño ata a praia das Catedrais, pasando polos cantís de San Andrés de Teixido e o Cabo Touriñán, lugares onde o mundo parece rematar e renacer ao mesmo tempo.

Esta obra é tamén unha homenaxe á evolución interior como camiño, á capacidade de habitar a paisaxe non só co corpo, senón coa ollada, coa memoria e coa alma. A súa experiencia como artista fúndese coa do viticultor, que observa, espera, coida e transforma.

Con traxectoria consolidada na fotografía artística e documental, Xaime Cortizo propón unha exposición que convida a deterse, contemplar e sentir. Unha obra que nace da terra, da auga, do tempo… e do invisible.

A entrada é libre, e durante a inauguración ofrecerase un pequeno aperitivo con produtos locais, nun ambiente próximo e aberto a todo o público.

📍 Centro Sociocultural de Sober

📅 Inauguración: Venres, 13 de xuño, ás 19:00h

🖼️ Exposición aberta ata o 31 de xullo de 2025

🎟️ Entrada libre

Back to top button