OurenseÚltima hora

A Asociación Veciñal San Breixo de Seixalbo (Ourense) presenta un Verán Cultural cunha variada e extensa programación

A Asociación Veciñal San Breixo de Seixalbo conta na actualidade con cerca de 500 socios, o que lle permite manter as actividades lúdico-festivas estacionais de Nadal, Entroido, Samaín e Magosto, así como o programa clásico de verán.

Tal como explica o presidente, Xosé Carballido Presas, o principal grupo de actividades que organiza á AVV ao longo de cada ano é, sen dúbida, o Verán Cultural, evento que se realiza de xeito ininterrompido desde 1987 cndo se iniciara como Semana Cultural e que, desde a edición número 30 pasou a denominarse Mes Cultural, xa que as actividades desenvolvense durante todo o mes de setembro. “A partir da edición número 37 en 2024 redefinimos o proxecto pola alta demanda de actividades participantes, ampliando o calendario durante os meses de xuño, xullo e agosto, flexibilizando as datas e tamén na procura de ter máis marxe de manobra no caso de que as condicións meteorolóxicas obrigaran a cambio de datas, xa que a gran maioría das actividades desenvólvense ao aire libre”, comenta.

 

 

Na última semana de xuño desenvólvese en Seixalbo un evento de gran transcendencia e repercusión social, a Festa dos Foros, organizada conxuntamente pola Agrupación Cultural Agromadas e a Comisión de Festas polo que, “a simbiose entre esta xa consolidada festa máis o Verán Cultural que organiza a Asociación Veciñal San Breixo converten a Seixalbo nun referente do rural de Galicia, e tamén nunha mostra de colaboración entre as distintas entidades sociais deste singular barrio do concello de Ourense”, asegura Carballido Presas.

Dende a AVV tentan basearse nas inquedanzas e necesidades existentes na veciñanza, que “pretendemos  variar e mellorar en cada edición” polo que as distintas accións e actividades que se irán realizando, “garanten a participación tanto individual como colectiva da ciudadanía, querendo destacar o esforzo económico dos propios socios e socias que cada ano, coas súas cotas, permiten manter viva esta Asociación fundada o 23 de xuño de 1979 e realizando este programa aberto á toda a cidade de Ourense”.

 

 

A programación conta con contidos e metodoloxías educativas para todos os segmentos de poboación, con actividades dirixidas especificamente a maiores, nenos e nenas e, singularmente, a colectivos moi vulnerables como é a poboación migrante.

Unha vez máis, os elementos de referencia están ligados á música, que inaugura e clausura este Verán Cultural e tamén a danza, así como o teatro, que inclúe a xa clásica representación escrita, dirixida e representada por veciños e veciñas da vila que fan escasas as 350 prazas de capacidade do Auditorio ao aire libre de Penouzos. Ademais, desde a edición anterior incorporan no apartado deportivo o Trofeo Vila de Seixalbo de fútbol, coa necesaria e inestimable colaboración do club Deportivo Seixalbo.

 

Back to top button