
O salón de actos do edificio Multiusos do Barco acollerá mañá 11 de xuño unha reunión para a participación cidadá, organizada pola Deputación de Ourense de cara a elaboración da Estratexia Local de Infraestrutura verde e adaptación ao cambio climático da provincia. O encontro terá lugar entre as 11h. e as 13h.
A Deputación de Ourense é socio do proxecto GREEN GAP https://green-gap.eu/es/ cofinanciado a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER no marco do programa Interreg VI A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027, no que colaboran, entre outros, o Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia e a Universidade da Coruña.
Unha das actividades do proxecto é a elaboración da Estratexia Local de Infraestrutura Verde e Adaptación ao Cambio Climático da Provincia de Ourense, a cal leva consigo a celebración de dous encontros participativos -dirixidos por un equipo investigadores da Universidade de A Coruña-, nos que se abordarán, xunto ás persoas asistentes, os principais aspectos que debería recoller e resaltar este documento estratéxico de planificación territorial.
Na ligazón (https://emapic.es/custom/greengap) pode accederse á consulta online sobre ese proxecto. Nese visor pode seleccionar calquera municipio e abrir a súa correspondente enquisa sobre infraestrutura verde.
A Deputación prega confirmar a asistencia a través da seguinte ligazón: https://form.jotform.com/251472563743056