A GudiñaConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Os representantes dos Concellos integraranse na Plataforma Dereito ao Tren na Gudiña

Así se acordaba nunha reunión de rexedores e concelleiros que tiña lugar esta tarde neste municipio

 

Alcaldes e representantes das comarcas afectadas pola supresión de servizos do tren de alta velocidade na Estación Porta de Galicia da Gudiña reuníanse esta tarde nesta localicalidade para abordar esta problemática. Na xuntanza, que se desenvolvía no salón de plenos do Concello e que estaba coordinada polo alcalde, Néstor Ogando, tomábanse, entre outros acordos, o de que unha representación dos Concellos se integre na plataforma veciñal “Dereito ao tren”.

 

 

 

Ademais, nesta mesma xuntanza se escollían a algúns dos representantes que se integrarían nela: o alcalde da Gudiña, Néstor Ogando, e o concelleiro do Barco Aurentino Alonso, polo PSdeG-PSOE; o alcalde da Veiga, Juan Anta polo PP, e o independente Amador Díaz alcalde de Xinzo. A representación do BNG decidirase nos próximos días.

 

 

Outra dos puntos que se abordaba na xuntanza era o da necesidade de tomar medidas fronte á supresión de servizos e de non esperar a que pase o verán para levalas á practica. Tamén se pretende manter reunións periódicas entre os representantes municipais sobre este tema.

 

 

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

Back to top button