EconomíaEconomíaÚltima hora

Sonepar O Barco celebra unha xornada de portas abertas para clientes e provedores

 

A empresa Sonepar O Barco, situada na rúa Río Miño número 14 da vila valdeorresa, vén de inaugurar oficialmente as súas instalacións na tarde do 19 de xuño cunha xornada de portas abertas na que participaban os seus clientes e provedores. O seu director, Onofre Arias, dáballes a benvida nun acto no que presentaba ao seu equipo e lembraba a evolución deste proxecto.

 

 

Trátase dunha empresa dedicada á automatización e control indistrial. É dicir, achega soluciósn técnicas en automatización, dixitalización, control e Industry 4.0.

 

 

“Dieletro Galicia chegou aquí en 1998, uns despois pasou a ser Dieletro Industrial e agora pasou a formar parte da gran empresa Sonepar Spain. Nós seguimos neste municipio que nos acollía cos brazos abertos e, froito co noso compromiso co Barco e coa comarca, hai dous anos trasladámonos a estas novas instalacións para achegar aos nosos clientes as solucións multiespecializadas que Sonepar brinda a través da nosa extensa e conectada rede de especialistas e provedores”.

 

 

Ver vídeo

Os asistentes podía percorrer as instalacións, duns 100 m2, e tamén asistían a unha sesión formativa, así como a un corner de mercados e outras propostas como un sorteo de agasallos e un coctail.

Ver vídeo

 

 

As actividades comezaban ás 17h. cunha sesión formativa sobre “Aerotermia de última xeración con tecnoloxía R290”, que se prolongaba ata as 18:30h.. Ademais ao longo da xornada de portas abertas os especialistas de Sonepar en automatizació e control industrial, HVAC, iluminación, automatización de edificios, enerxías renovables e vehículo eléctrico estaban a disposición dos presentes para achegarlles o amplo abano de solucións da empresa e atender as súas consultas.

Fotos: Carlos G. Hervella/ cedidas.

 

Back to top button