PolíticaÚltima hora

O BNG amosa nun comunicado “o enfado das veciñas de Valdeorras por ter que ir facer mamografías a Ourense”

 

O BNG de Valdeorras vén de emitir unha nota de prensa na que recolle “o enfado das veciñas de Valdeorras por ter que ir facer as mamografías a Ourense. Desde o CHUO están chamando as veciñas de Valdeorras para ir facer alí as mamografías. Algo que sempre realizaron no noso hospital comarcal, agora teñen que viaxar pola intransitable N-120 e ilas facer a Ourense”.

Ademaiso BNG apunta no comunicado que neste “10 de xuño, cento e pico de euros pagou de taxi unha señora maior por ir á cidade das Burgas facer a mamografía. Outra veciña de Vilamartín, que tiña pendente unha mamografía desde febreiro, tamén a chamaron desde o CHUO para ir realizar alí a mamografía, cousa que fixo no día de hoxe, para non quedar eternamente nas listas de agarda. Desde o BNG denunciamos os continuos e sucesivos recortes que a Xunta realiza na sanidade da nosa comarca: un desmantelamento total dos servizos sanitarios públicos”.

Back to top button